Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jorge Gago, gandeiro de vacas Caldelás: "non as cambio por nada"

Jorge Gago, gandeiro de vacas Caldelás: "non as cambio por nada"

As razas autóctonas son as máis axeitadas para sobrevivir ceibas no inverno galego

G24.gal 01/02/2026 14:56

Visitamos unha gandeiría na parroquia de Fonfría, en Pedrafita, en plena montaña luguesa, unh área de invernos duros, con neve, auga e frío. Queremos saber como sobrevive ás baixas temperaturas o gando que vive ceibo no monte durante todo o ano. Interesámonos pola vaca caldelá, unha das razas autóctonas galegas.

Jorge Gago, o titular da explotación, acompáñanos ata o terreo onde está as vacas. Malia o frío semella que están ben. A rusticidade, a morfoloxía e os coidados de Jorge, que cada día lles leva auga e silo, fan que os animais sobrevivan na montaña.

"Non as cambio por nada, son duras, manéxanse ben e son as axeitadas para esta zona", coméntanos Jorge que ten un lote de máis dunha vintena de caldelás. 

A caldelá e unha raza pura galeha. Crese que descende de antigos bovinos europeos adaptados ao clima húmido e ao terreo montañoso da rexión. A súa pelaxe avermellada uniforme e a súa capacidade de adaptarse a terreos difíciles diferénciana doutras razas galegas como a Cachena ou a Vianesa.

A orixe da raza Caldelá provén da comarca de Caldelas, na provincia de Ourense;coñecida pola súa carne de alta calidade e o seu temperamento dócil. Os animais desta raza teñen unha pelame negra con irisaciones avermelladas. Os machos adultos poden pesar entre 600 e 650 kg, mentres que as femias pesan entre 400 e 450 kg.

A Caldelá ten unha cornamenta longa e aberta, e a súa altura á cruz é de aproximadamente 132 cm para os machos e 128 cm para as femias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade