Anticorrupción pide 173 anos de cárcere para expresidente de BBVA González polo caso Villarejo
A Fiscalía pide para o excomisario 216 anos de cárcere, e outros 243 para o que fose xefe de Seguridade do banco, Julio Corrochano
Reclama tamén que se impoñan ao BBVA multas por estes delitos que en conxunto suman 184,3 millóns de euros
Francisco González, nunha imaxe de arquivo (Eduardo Parra / Europa Press)
A Fiscalía Antocorrupción solicitou 173 anos de cárcere para o expresidente de BBVA, o chantadino Francisco González, por delitos de suborno activo e revelación de segredos na contratación da empresa Cenyt, vinculada ao excomisario José Manuel Villarejo.
No escrito de acusación asinado pola fiscal Elisa Lamela o pasado 12 de marzo ao que tivo acceso Efe, a Fiscalía pide para o excomisario 216 anos de cárcere, e outros 243, a pena máis alta, para o que fose xefe de Seguridade do banco, Julio Corrochano.
Anticorrupción pide tamén que se impoñan a BBVA multas por estes delitos que en conxunto suman 184,3 millóns de euros.