Publicador de contidos

Publicador de contidos

Corte de tráfico en Alfonso Molina pola instalación da pasarela entre a estación de tren e de autobuses

Corte de tráfico en Alfonso Molina pola instalación da pasarela entre a estación de tren e de autobuses

Segundo informou o Ministerio de Transportes, durante esta semana realizaranse os traballos de izado e retirada dun dos tramos da antiga pasarela -vai desmontar e instalar unha nova- e a colocación dunha provisional

Para garantir a seguridade dos traballadores e usuarios, producirase o corte total da AC-11 entre os quilómetros 0 e 0,2, a partir das 22:00 horas deste luns, 2 de febreiro, e ata as 6:00 horas, unha situación que se poderá repetir ata o xoves 5 de febreiro

G24.gal 02/02/2026 12:04

O Concello da Coruña está a executar unha pasarela entre as estacións de autobús e tren, en Alfonso Molina, o que provocará cortes de tráfico durante esta semana en horario nocturno.

Segundo informou o Ministerio de Transportes, durante esta semana realizaranse os traballos de izado e retirada dun dos tramos da antiga pasarela -vai desmontar e instalar unha nova- e a colocación dunha provisional.

Para garantir a seguridade dos traballadores e usuarios, producirase o corte total da AC-11 entre os quilómetros 0 e 0,2, a partir das 22:00 horas deste luns, 2 de febreiro, e ata as 6:00 horas, unha situación que se poderá repetir ata o xoves 5 de febreiro.

Para asegurar a fluidez do tráfico durante os traballos habilitaranse varios desvíos: en sentido descendente, os usuarios da AC-11 serán dirixidos cara á rotonda da estación de tren, a través da cal poderán circular para entroncar novamente coa AC-11, mentres que en sentido ascendente, os usuarios da AC-11 poderán acceder á cidade pola rolda de Outeiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade