Cortada a A-6 en Baralla en sentido A Coruña por desprendementos dentro dun túnel
Os condutores que van cara á Coruña están sendo desviados no quilómetro 456 pola N-VI ata o km 469. A circulación sentido Madrid mantense con normalidade
O corte da autovía en Gondomar por un desprendemento manterase unha semana
dxt
Tráfico cortou este martes un treito da A-6 ao producirse un desprendemento no interior dun túnel á altura de Baralla.
O material de impermeabilización situado no teito do túnel está comezando a caer e mesmo había xa anacos de lona na calzada.
Os condutores que van cara á Coruña están sendo desviados no quilómetro 456 pola N-VI ata o km 469. A circulación sentido Madrid mantense con normalidade.
Ata o lugar desprazáronse efectivos de Tráfico e de mantemento de estradas.
Cortado tamén un carril da A-52 pola caída dunha árbore
A caída dunha árbore sobre a calzada obrigou a cortar tamén ao tráfico un carril da A-52, ao seu paso pola Cañiza.
A incidencia produciuse ás 19,15 deste mércores no quilómetro 269 en sentido Vigo.