Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cortada por cuarto día a autovía Pontevedra-Marín pola preamar e a chuvia

Cortada por cuarto día a autovía Pontevedra-Marín pola preamar e a chuvia

A Garda Civil pechou os catro carrís, dous por cada sentido, por mor da auga que caeu

G24.gal 05/02/2026 05:44 Última actualización 05/02/2026 10:59

A choiva non dá un respiro, e os problemas por acumulación de auga repítense por todo o territorio galego. Por cuarto día consecutivo, a autovía que une Pontevedra e Marín, a PO-11, tivo que volver cortarse ao alagarse durante a preamar. A Garda Civil pechou os catro carrís, dous por cada sentido, por mor da auga que caeu. O tráfico enviouse pola estrada vella e outros desvíos que se habilitaron para evitar os atascos.

Reunión entre administracións

Ante esta situación, a Subdelegación do Goberno en Galicia informou de que este venres manterá unha reunión con todas as administracións implicadas, ademais de con as corpos e forzas de seguridade para abordar este asunto.

En concreto, o encontro terá lugar ás 11:00 horas na Subdelegación do Goberno e nel están chamados a acudir os concellos de Pontevedra e Marín, as policías locais de ambas as localidades, a Garda Civil de Tráfico, a Axencia Galega de Infraestruturas, a Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra e a Demarcación de Estradas co obxectivo de tratar de optimizar a coordinación ante a reiteración de episodios de corte de tráfico por subida das mareas na PO-11.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade