Publicador de contidos

Publicador de contidos

Correos pide ampliar o prazo de entrega do voto postal ata o venres ás 2 da tarde

Correos pide ampliar o prazo de entrega do voto postal ata o venres ás 2 da tarde

O prazo remataba este xoves ás 22 horas, pero Correos pide máis tempo para xestionar o voto dos electores que cambiaron a dirección de entrega da documentación

Último día para votar en urna nos consulados e embaixadas

G24.gal 20/07/2023 12:15

Correos solicitou á Xunta Electoral Central (XEC) a ampliación do prazo para depositar o voto postal, que finaliza este xoves, ata mañá venres 21 de xullo ás 14 horas para "facilitar a xestión das reexpedicións de documentacións electorais".

O novo prazo correspóndese co horario de peche habitual das oficinas de Correos de toda España. A empresa postal formulou esta petición para poder atender as peticións daquelas persoas que indicaron na súa solicitude do voto por correo unha dirección de entrega e despois pediron recibir a documentación electoral nunha nova residencia.

Correos informou esta mañá que ao redor de 170.000 documentacións de electores que solicitaron o voto están pendentes de ser recollidas nas oficinas postais, que ampliaron o seu horario ata as dez da noite.

En total, 2.622.808 de persoas solicitaron votar por correo nestas eleccións do 23X, polo que serían aproximadamente 2.453.000 quen xa recollerían a documentación, ben nos domicilios indicados ou ben posteriormente nas oficinas postais.

Correos comunicou que as súas oficinas estarán abertas ata as 22:00 horas, aínda que a empresa asegurou que "ninguén quedará sen votar" e que se nalgunha oficina hai persoas esperando a ser atendidas, estará aberta "ata que se deposite o último voto".
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade