Cargando resultados...
Corenta artistas participan no concurso de pintura ao aire libre de Lugo
As obras deberán estar rematadas antes das cinco da tarde, para logo presentalas ante o xurado
G24.gal
09/07/2023 14:42
Última actualización 09/07/2023 14:57
Calquera recuncho de Lugo merece ser retratado, pero José Luis elixiu un na alameda.
É un dos participantes no certame de pintura rápida ao aire libre organizado polo Concello lucense, que desta volta conta coa participación de case corenta artistas. Unha forma de ver Lugo desde outra perspectiva.
Ata as cinco poderán estar pintando, para que logo un xurado elixa as obras gañadoras. A técnica é libre. Lugo é hoxe máis que nunca unha cidade de cadro.