Conxelan no CHUO o tumor óseo dunha nena de 14 anos
Conxelan no CHUO o tumor óseo dunha nena de 14 anos
Unha técnica que permite tratar moitos tumores malignos curándoos ou reducíndoos
É a primera crioablación que realizan a un tumor óseo nunha paciente en idade pediátrica
E o único hospital galego, o CHUO, que emprega a crioablación que é minimamente incisiva

Unha innovadora técnica minimamente incisiva, denominada crioablación, permitiu destruír por conxelación un tumor óseo a unha menor de 14 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).
A intervención consiste en queimar con frío extremo o tumor a través dun catéter.
O CHUO xa aplicaba esta técnica en tumores renais, desenvolvendo unhas 50 intervencións ao ano
A realizada á nena de 14 anos foi a primeira crioablación aplicada a un tumor óseo que se realiza neste centro e a primeira vez que se fai en Galicia. A rapaza tiña un tumor óseo benigno pero doloroso, pero a crioablación ten un papel emerxente no tratamento das metástases óseas
A intervención foi realizada polos radiólogos Amad Abu-Suboh, José Manuel Fernández, Manuel Trillo e Pablo Gómez, e xunto a eles participou un dos referentes a nivel nacional, José Antonio Narváez, o xefe clínico da sección de Radioloxía do Hospital Universitario de Bellvitge.
Tamén se leva a cabo para o tratamento de tumores de pulmón, de próstata, de mama ou como procedemento previo a una cirurxía, logrando diminuír o volume do tumor.
O tempo de recuperación é moito menor que el de una cirurxía convencional. A maioría dos pacientes poden ser atendidos cun ingreso hospitalario curto, que non supera as 48 horas.