Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alerta pola presenza de anisakis en peixe de Marrocos

Alerta pola presenza de anisakis en peixe de Marrocos

Limpar ben o peixe, conxelalo e cociñalo a máis de 60 graos pode evitarnos un susto

Pode provocar problemas dixestivos como náuseas, vómitos ou dor abdominal

As praceiras recomendan limpar ben o peixe para evitar sustos co anisakis
G24.gal 22/05/2024 15:45 Última actualización 22/05/2024 16:31

A Unión Europea emitiu unha alerta sanitaria grave pola presenza de anisakis nunhas ovas de pescada procedentes de Marrocos e que tiñan como destino España. Xa foron retiradas do mercado.

A presenza de anasakis é cada vez máis habitual. Trátase dun parasito, semellante a un verme, que podemos atopar no peixe fresco, agás o de piscifactoría, e tamén nos cefalópodos.

"Adoita estar na pescada, no peixe sapo... en moitos peixes, cada vez en máis. Vémolo na barriga", asegura unha praceira de Vigo.

O anisakis atopámolo sobre todo na zona das vísceras, e por iso é importante limpar ben o peixe. Para eliminalo debe conxelarse o peixe a -20 graos durante cinco días, ou ben cociñarse a máis de 60 graos. 

O consumo de peixe con anisakis pode provocar problemas dixestivos como náuseas, vómitos ou dor abdominal, pero tamén, nun 10 % dos casos, acaba en alerxia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos