Cargando resultados...
Convocadas máis de 1.500 persoas en Silleda ás oposicións do Sergas
Aspiran a cubrir as 104 prazas da categoría de técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico

G24.gal
24/10/2021 10:16
Un total de 1.522 persoas están convocadas este domingo no recinto feiral de Silleda aos exames de oposición que celebra o Servizo Galego de Saúde. Aspiran a cubrir as 104 prazas da categoría de técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico.
O sábado tamén se celebraron probas para cubrir 86 prazas de técnico en farmacia. En toda a fin de semana estaban convocadas máis de 3.000 persoas.
Con estes exames rematarán as probas selectivas para cubrir máis de 1.300 prazas de medio cento de especialidades de persoal sanitario licenciado e técnico que se iniciaron no mes de setembro.