Publicador de contidos

Publicador de contidos

Controlados dous incendios e outro estabilizado en Oímbra

Controlados dous incendios e outro estabilizado en Oímbra

Os veciños falan de tranquilidade a medias porque seguen recordando que o lume case chega ás súas casas

G24.gal 23/07/2022 17:14

A situación parece que mellora no concello de Oímbra. Dous dos tres incendios que estaban activos están controlados e o terceiro estabilizado. Iso si, tras deixar 3.300 hectáreas de monte queimadas.

Na parroquia de Rabal houbo unha reprodución na que están traballando os medios de extinción xunto con algúns veciños para que non se volvan levantar as lapas e sigan traballando para tentar arrefriar a zona canto antes.

Os incendios desta comarca de Valdeorras asolagaron distintos puntos e agora seguen traballando neles os medios de extinción, por iso os veciños falan de tranquilidade a medias. Seguen recordando momentos duros onde o lume case chega ás súas casas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar