Continuos estragos dos xabaríns nun parque do concello de Sada
Os veciños piden medidas para evitar as desfeitas do xabaril nos parques urbanos
Moitos din ter sensación de inseguridade e mesmo medo de pasear pola noite
Din os veciños de Sada que a poboacion de xabarís está descontrolada, que campan ás súas anchas pola cidade e que causan estragos nas áreas verdes.
Este parque xa vai pola terceira incursión dende agosto, as dúas últimas neste mes de outubro. A zona limita cun espazo natural protexido e con parcelas agrícolas, e pensan que a falta de alimento está mudando os hábitos dos animais.
Os veciños tamén están preocupados pola sensación de inseguridade que causan, e moitos din ter medo de pasear pola noite. Dende a asociación veciñal entenden que a solución non é doada, pero reclaman medidas de prevención e vixilancia policial para espantalos.