Publicador de contidos

Publicador de contidos

Continúan activos dous incendios no Caurel e o de Vilariño de Conso

Continúan activos dous incendios no Caurel e o de Vilariño de Conso

Estabilizado o incendio de Carballeda de Valdeorras tras queimar 10.500 hectáreas

Os lumes do Courel evolucionan de xeito positivo e xa non hai risco para as vivendas

G24.gal 25/07/2022 15:24

Continúa estabilizado o incendio de Carballeda de Valdeorras que calcinou 10.500 hectáreas e unhas 75 edificacións en distintas aldeas. Hoxe a situación máis complicada vívese en Vilariño de Conso. Bea.

O incendio forestal de Carballeda de Valdeorras, un dos de maior tamaño en Galicia, deuse por estabilizado na noite deste domingo, como informou Medio Rural. O lume mantén en 10.500 hectáreas a superficie afectada por unhas chamas que se iniciaron o 15 de xullo en Riodolas.

O incendio obrigou a activar a situación dúas, medida preventiva por proximidade ás casas, e foi necesario o desaloxo de ata medio milleiro de persoas.

En Lugo, permanece activo o do Courel, con 10.000 hectáreas arrasadas en Folgoso-A Pobra do Brollón e outras 1.100 en Seceda, segundo informa a consellería de Medio Rural.

Están controlados os incendios de Nocedo  e Outeiro en Quiroga; estes queirmaron 15 e 250 hectáreas, respectivamente.

Nestes momentos soamente hai un lume activo en Ourense, o de Pradoalbar, en Vilariño de Conso, que queimou 6.500 hectáreas, segundo as estimacións provisionais. Este incendio afecta ao Parque Natural do Invernadoiro.

O incendio de Rabal, en Oimbra,  xa está controlado. Este lume, que entrou desde Portugal, queimou 370 hectáreas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade