Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estabilizado o incendio no Xurés

Estabilizado o incendio no Xurés

A cifra estimada proporcionada pola Xunta esta mañá era de 560 hectáreas queimadas

Vento do norte e dificultades de acceso fan máis complicadas as tarefas de extinción, que desenvolven medios terrestres e aéreos

Vídeo do Telexornal Mediodía coa información previa á estabilización.
G24.gal 26/08/2022 14:13

O lume declarado este mércores á noite en Lobeira continúa activo, pero estabilizado. Supérase así a previsión inicial de hoxe, que non consideraba factible estabilizalo ata a noite, segundo fontes do operativo antiincendios.

Trátase xa dun dos grandes incendios forestais dos case unha decena que se rexistraron en Galicia nos últimos dous meses.

Con todo, cómpre sempre ter cautela. O que inicialmente semellaba próximo á estabilización mudou a unha virulenta velocidade de propagación: dunhas 30 hectáreas de superficie queimada no parque natural do Xurés pasouse, en pouco máis de 24 horas, a superar amplamente o medio milleiro de hectáreas calcinadas segundo os últimos datos oficiais.

Non hai núcleos de poboación ameazados, pero o vento do nordés e a localización do lume, que se iniciou na parroquia de San Xes de Vilariño, nunha área de difícil acceso, dificulta as tarefas dos servizos contraincendios.

O vento do norte continúa por riba dos 20 quilómetros por hora, o que non axuda os servizos de extinción. Traballan na zona un técnico, 35 axentes, 90 brigadas, 52 motobombas, catro pas, 13 helicópteros e 11 avións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade