Continúa a vaga de roubos no interior dos coches na Coruña
Apareceren tres coches coas ventás rotas e o interior remexido
Buscan cartos e obxectos de valor que poidan vender rapidamente
Os ladróns aproveitan a falta de iluminación, a reducida circulación de coches e persoas e tamén a abondosa maleza que hai nesta rúa para actuar con rapidez e pasaren desapercibidos.
"Aquí téñenno fácil porque non os ven".
Na rúa que vai do centro de saúde do barrio do Castrillón á rotonda de Casablanca, onde aínda están os cristais tirados no chan, apareceron tres vehículos coas ventás rotas e o interior remexido.
"Claro, iso á parte. Porque tes que ir ao taller, quedas sen coche...".
Os delincuentes adoitan actuar polas noites. Malia que tamén á luz do día.
"A min rompéronme o cristal e roubáronme a mochila ao mediodía diante da porta da casa".
As vítimas, maioritariamente, son os donos dos coches que non teñen garaxe e se ven na obriga de estacionar na rúa. Pero non sempre.
"No meu edificio xa entraron no garaxe e romperon as ventás dos coches e roubaron."
Uns roubos que se repiten desde hai xa varias semanas. A veciñanza denuncia un crecente clima de inseguridade.
"Aquí hai moita delincuencia". "Estamos preocupados porque mañá podemos ser calquera".
A comezos desta semana, unha testemuña alertaba a Policía Nacional de que unha persoa estaba a roubar nun turismo. Cando chegaron os axentes, atoparon un home no interior dun coche. Prendérono e xa pasou a disposición xudicial. Con todo, neste barrio do Castrillón quéixanse da escaseza de vixilancia.