Publicador de contidos

Publicador de contidos

Espanta aos ladróns da casa aos 77 anos: "Teño moito xenio. Enfróntome a quen sexa"

Espanta aos ladróns da casa aos 77 anos: "Teño moito xenio. Enfróntome a quen sexa"

Saíulles ao paso tan pronto escoitou o golpe da machada coa que lle rebentaron a porta

Dous roubos frustrados en vivendas en Boiro: na primeira arrrincaron as ventás pero sen tempo de levalas

G24.gal 04/05/2026 14:31

"A machada, que apareceu alá abaixo, a horquilla e o fouciño, aquí están as armas que usaros os señores", mostra Marisa Alcalde, a veciña de Boiro á que lle entraron na casa.

Estiveron pouco finos. Golpe na porta coa machada de picar a leña e, así como entraron, Marisa saltou da cama.

"Sentín un golpe e, como son bastante botada para diante, baixei as escaleiras e vin a luz encendida, e berreille: 'cabróns, fillos de puta, a que andades", relata a muller, que anda preto dos 80 anos.

Faltáronlle pernas para correr. 

"Cando cheguei abaixo tiña a porta rompia, os zapatos que estaban en caixiñas tirados pero aquí xa non había ninguén. Faltábanme só tres pares de zapatos, os tenis de levar ás excursións", engade Marisa.

Estaba soa na casa, pero non é muller que se amedrente.

"Enfróntome a quen sexa... a quen sexa! Co xenio que teña doulle a calquera", advirte.

Xa hai anos se enfrontou a un veciño por algo parecido, e iso que non era por algo seu.

"A ti non che dá vergonza andar a roubar de noite, pregunteille. E dime que non leva patacas. Pero levas verdura. É igual. Viñestes roubar, que non é túa".

A noite antes de entrar na de Marisa, probaron fortuna nunha casa deshabitada, non moi lonxe. 

"Arrancaron as ventás e as portas e á 6.20 da mañá tíñanas a carón dun muro e veu a Garda Civil, tomou fotos e todo, e ás 7.30 que marchamos, x as tiñan botadas ao monte, supostamente chamaran a unah furgoneta ou un coche con remolque", conta un veciño que axudou a repoñer as ventás.

As ventás están de volta no sitio, pero o medo que non ten Marisa imponse entre a veciñanza. 

"Tranquilo non se vive habendo estas cousas e dous días, cousas destas".

"Eu teño medo en todos os sitios xa porque teño os anos e non teño mobilidade e non podo defenderme. Como non vou ter medo?, coinciden.

Alomenos desta volta, o esforzo dos ladróns quedou sen recompensa.

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade