Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Cociña Económica da Coruña celebra o seu 140 aniversario

A Cociña Económica da Coruña celebra o seu 140 aniversario

A institución fai un chamamento á colaboración para seguir prestando axuda aos máis necesitados

G24.gal 04/05/2026 14:44

Andrea atravesa un complicado momento persoal. Cada día acode á Cociña Económica para resolver as necesidades máis básicas.

"A comida sempre está boa e temos unha zona de descanso. Todos axudan co que poden", di Andrea.

Coma ela, cada día pasan por estas instalacións unhas 2.000 persoas. A maior parte para recoller o xantar para levar á casa.

"Hoxe temos fabada, pizza e un bocadillo", di Chus Gómez, traballadora da Cociña Económica.

Chus leva 34 anos ofrecendo o seu sorriso a cada un dos usuarios que buscan na Cociña Económica un prato, un lugar onde asearse, lavar a roupa ou compartir unhas horas ao quente.

"Cada un ten unha historia. Uns porque non teñen traballo, outros porque non teñen pensión. No teñen para comer", explica esta traballadora.

O perfil dos usuarios foi mudando cos anos.

"É moi variado. Desde parados de longa duración ata familias", conta Óscar Castro, director da Cociña Económica.

A Cociña Económica chama á colaboración. Precisan socios e doazón de roupa e alimentos.

"Renunciar a 5 ou 10 euros ao mes tampouco significa moito. É importante seguir axudándonos desta maneira ou realizando doazóns en especie coma alimentos ou roupa", pide Óscar Castro. 

Máis colaboración para seguir soprando as candeas 140 anos despois.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade