Publicador de contidos

Publicador de contidos

O cruceiro non atracará nas Canarias: só fondeará e a evacuación será cunha lancha

O cruceiro non atracará nas Canarias: só fondeará e a evacuación será cunha lancha

O presidente canario pediulle ao Goberno central que o cruceiro estea "o menor tempo posible" nas costas do arquipélago 

Os ministros de Sanidade e Política Territorial din que os traslados dos pasaxeiros faranse con todas as garantías 

Sanidade ultima o aval xurídico para a corentena obrigatoria dos pasaxeiros do cruceiro

Evacuación de pasaxeiros do MV Hondius nun avión ambulancia (Reuters)
G24.gal 07/05/2026 14:05 Última actualización 07/05/2026 22:23

O presidente das Canarias, Fernando Clavijo, adiantou este xoves que a ministra de Sanidade, Mónica García, lle explicou que o cruceiro afectado polo brote de hantavirus finalmente non atracará no arquipélago, senón que "só fondeará", e a evacuación dos pasaxeiros será cunha lancha ou unha nave abastecedoras.

Explicouno á saída da reunión con Mónica García e co ministro de Política Territorial, Ángel Víctor Torres, para analizar a situación e o procedemento para seguir cos pasaxeiros do MV Hondius que chegarán a Canarias, para o seu control e traslado posterior a Madrid, no caso dos 14 españois, e aos seus países de orixe, no caso do resto da pasaxe.

"Cremos que unha moi boa noticia porque os vectores de posible contaxio e de risco diminúense, e por tanto a evacuación deses pasaxeiros vai ser cunha lancha ou unha nave abastecedoras que poida ir, recollelos, trasladalos e levalos ao aeroporto", engadiu Clavijo. "En ningún caso os pasaxeiros sairán do buque ata que non estea a aeronave no aeroporto e farase con todas as garantías para evitar calquera tipo de contaxio e transmisión", engadiu Fernando Clavijo.

"En ningún caso os pasaxeiros sairán do buque ata que non estea a aeronave no aeroporto e farase con todas as garantías", incidiu o presidente canario, quen sinalou que se utilizarán equipos de protección individual "para evitar calquera tipo de contaxio e transmisión".

Ademais, o presidente canario reclamou que o buque "estea o menor tempo posible" fondeado, polo que se "non ten ningún tripulante que necesite atención médica, automaticamente desde que se produza o desembarco de todos os pasaxeiros e os seus traslados aos seus países, que continúe cara aos Países Baixos".

Clavijo insistiu no seu desacordo con que o buque saíse das costas de Cabo Verde en dirección a Canarias e lamentou que non lle desen no encontro "o informe no que se negaba Cabo Verde á atención, nin tampouco a petición da Organización Mundial de Saúde" de que o cruceiro navegase ata o porto de Granadilla.

"A ministra transmitiu que é unha decisión do Gobierno de España, previa petición da Organización Mundial de Saúde, que era un deber ético e moral e que por tanto asumía que o Goberno de España tomara esa decisión, nós non estamos conformes, pero é competencia do Gobierno de España e por tanto non podemos facer nada", manifesto o presidente canario.

No encontro, que cualificou como "necesario", Clavijo pediu ao Gobierno que lle vaia transmitindo toda a información sobre a avaliación da saúde dos pasaxeiros ao longo da travesía, "para poder ir vendo se algún pasaxeiro mostra síntomas ou se están en perfecto estado".

Os traslados faranse con todas as garantías, segundo o Goberno 

Pola súa banda, os ministros García e Torres manifestaron o seu compromiso para que os traslados se efectúen coas maiores garantías para os enfermos e para a poboación.

Mónica García destacou "a necesidade de actuar desde a responsabilidade institucional". "Nunha situación de saúde pública como esta, a coordinación e a confianza entre institucións forman parte da resposta sanitaria", aseverou a responsable de Sanidade, que fixo un chamamento á responsabilidade.

Este xoves están previstas outras dúas reunións técnicas entre os ministerios de Sanidade e Interior co Gobierno de Canarias, que forman parte das sete reunións de coordinación que hoxe o Goberno de España manterá coas delegacións do Gobierno e, a nivel europeo, cos responsables da seguridade sanitaria e Protección Civil da UE.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade