Publicador de contidos

Publicador de contidos

Continúa a busca dun ciclista arrastrado por unha riada en Paterna, Valencia

Continúa a busca dun ciclista arrastrado por unha riada en Paterna, Valencia

O venres foi unha xornada de moitas precipitacións en Cataluña e Madrid

Na localidade toledana de Yunclillos buscan recuperar a normalidade dúas semanas despois da gota fría

 

G24.gal 16/09/2023 20:16 Última actualización 16/09/2023 20:37

Os militares da UME, con seis cans, incorporáronse este sábado a un amplo dispositivo de busca integrado por axentes da Policía Nacional, policías locais, bombeiros de Valencia e de varias brigadas forestais. 
Buscan na localidade de Paterna un ciclista de 52 anos que desapareceu o venres arrastrado pola corrente dun barranco.

"Pode estar en calquera lugar, debaixo das canas é complicado debido á densidade da maleza e das canas que hai na zona. Contamos co helicóptero do Consorcio Provincial que está traballando agora mesmo, acaba de baixar o leito do río cara á zona marítima e agora subirá cara arriba".

A do venres foi unha xornada de chuvias fortes en Cataluña. Protección Civil activou a alerta vermella en toda a costa de Tarragona e en Cambrils, un coche quedou completamente cuberto de auga nun paso soterrado.

Máis consecuencias tivo a inundación de varias liñas de metro en Madrid e da estación de proximidades de Alcalá de Henares, que segue pechada.

Dúas semanas despois da gota fría, esta localidade toledana de Yunclillos aínda é a viva imaxe da devastación.

"Intentar levar á normalidade todo pero é un traballo moi duro e que require moito esforzo".

A auga acadou os dous metros de altura na praza onde está a casa do concello e arrasou negocios, casas e todo o que atopou no camiño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade