Publicador de contidos

Publicador de contidos

Consumo multa 32 operadores de xogo con 33 millóns de euros e bloquea seis portais

Consumo multa 32 operadores de xogo con 33 millóns de euros e bloquea seis portais

Durante 2025, o ministerio que dirixe Pablo Bustinduy impuxo un total de 58 sancións e preto de 111 millóns de euros en multas a operadores do sector das apostas e os xogos de azar en liña

Os seis operadores que quedarán bloqueados como consecuencia de infraccións moi graves son XYZ Entertainment, Moonrail Limited, EOD Code SRL, Samaki, Lone Rock Holdings e Novaforge

G24.gal 25/11/2025 08:47

O ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 multou 32 operadores de xogo con máis de 33 millóns de euros, con sancións moi graves para seis operadores estranxeiros que funcionan sen licenza en España e cuxos portais quedaron bloqueados. As outras 26 sancións graves, que suman un total de máis de 3 millóns de euros, impóñense a operadores con licenza que incorreron nalgún tipo de infracción tipificada no artigo 40 da Lei 13/2011 de regulación do xogo, entre elas Betfair, 888 Online e Codere.

Durante 2025, o ministerio que dirixe Pablo Bustinduy impuxo un total de 58 sancións e preto de 111 millóns de euros en multas a operadores do sector das apostas e os xogos de azar en liña. Entre os operadores multados por infraccións graves atópanse, 888 Online, que terá que pagar 250.000 euros por incumprir os requisitos técnicos de regulamentos relativos ao software e aos sistemas de comunicación e por utilizar sistemas técnicos non homologados ou non autorizados. Tamén Beatya Online, que foi multada con 300.000 euros por incumprir os requisitos técnicos dos regulamentos relativos ao software e aos sistemas de comunicación. Pola súa banda, a Betfair impúxoselle unha multa de 100.000 euros por non cumprir as súas obrigacións en materia de xogo responsable e de protección dos xogadores que marca a lei.

Electraworks Ceuta pagará 512.000 euros por permitir o acceso ao xogo a persoas que o teñen prohibido, utilizar sistemas técnicos non homologados ou non autorizados e por incumprir os requisitos técnicos dos regulamentos relativos ao software e os sistemas de comunicación. Por este último motivo tamén se sanciona a Codere cunha multa de 17.500 euros. Os seis operadores que quedarán bloqueados como consecuencia de infraccións moi graves son XYZ Entertainment, Moonrail Limited, EOD Code SRL, Samaki, Lone Rock Holdings e Novaforge. Ademais, impónselles unha multa de 5 millóns de euros a cada un (30 millóns de euros en total).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade