Publicador de contidos

Publicador de contidos

Escasean as prazas de garaxe para alugar en Galicia, só quedan 800 e son caras

Escasean as prazas de garaxe para alugar en Galicia, só quedan 800 e son caras

A mensualidade escala xa ata os 70 euros de media

O número de prazas de garaxe reduciuse un 14 % nos últimos anos
G24.gal 25/11/2025 08:01

Nesta inmobiliaria do centro de Ourense só teñen dúas prazas de garaxe dispoñibles para alugar. A escaseza de prazas de garaxe é un problema común ás sete cidades galegas. A oferta baixou nos últimos anos un 14 % e a demanda non para de medrar. 

"Estamos sen prazas de garaxe, debido á gran demanda que temos. A situación de que vai entrar a zona de baixas emisións afecta moitísimo", asegura Alberto Barreiros, xerente de Solaina Inmobiliaria en Ourense.

Cada vez é máis difícil atopar onde aparcar o coche, de feito, segundo a Federación Galega de Empresas Inmobiliarias, o 65 % dos vehículos dormen fóra. Hai menos prazas e son máis caras

"Agora mesmo atopámonos nun punto en que hai moi poucas prazas de garaxe e para o meu gusto están extremadamente caras ou non coinciden co que os clientes piden", explica Noemí Blanco, xerente de Inmobiliaria FLY en Ourense.

Ata os 90 euros de media se eleva o prezo en cidades como Vigo ou A Coruña. E cada vez hai máis coches e son máis grandes. Tanto a veciñanza como a Federación Galega de Empresas Immobiliarias din que os aparcamentos disuasorios ás aforas das cidades poderían axudar a resolver o problema. 

En Galicia só hai 800 prazas de garaxe para alugar. Os aparcadoiros son insuficientes, o cal está a agravar o problema da mobilidade nas cidades. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade