Consellos para saír camiñar con seguridade polo monte
Saír acompañados, con roupa de abrigo, lanterna, móbil con batería e unha externa, auga e uns petiscos, planificar a ruta, avisar a alguén do noso percorrido e horas de saída e chegada e consultar a meteoroloxía
Tamén é aconsellable dar a volta polo mesmo camiño se empeora a meteoroloxía durante a ruta
Camiñar é unha das actividades máis saudables para todas as idades, pero ten os seus riscos, dependendo do terreo, a dificultade do percorrido ou a hora á que se faga.
Non foi tan precavido un octoxenario de Vigo que se desorientou e acabou perdido no monte. Pasou a noite á intemperie ata que amenceu e puido pedir axuda nunha casa. Para evitar estas situacións, cómpre ter en conta as recomendacións que nos lembra Begoña del Río, coordinadora de Protección Civil Santiago de Compostela. Entre elas: saír acompañados, con roupa de abrigo, lanterna, móbil con batería e unha externa, auga e uns petiscos, planificar a ruta, avisar a alguén do noso percorrido e horas de saída e chegada e consultar a meteoroloxía.
Tamén é aconsellable dar a volta polo mesmo camiño se empeora a meteoroloxía durante a ruta. E para as persoas maiores aconséllase o uso de sistemas de localización, porque son máis propensas a desorientarse.