Publicador de contidos

Publicador de contidos

En outono toca reforzar as defensas do organismo para frear infeccións como a gripe

En outono toca reforzar as defensas do organismo para frear infeccións como a gripe

En España rexístranse cada ano máis de 20 casos de gripe por cada mil habitantes e máis de tres casos de pneumonía por cada mil, con especial incidencia en nenos e persoas maiores

Facer deporte con regularidade, unha nutrición adecuada ou evitar o estrés son algunhas das ferramentas para reforzar o sistema inmunitario e que poida facer fronte aos patóxenos que causan as infeccións.
 

G24.gal 04/10/2025 14:43 Última actualización 04/10/2025 16:22


O outono é un bo momento para reflexionar sobre os coidados que poden contribuir a mellorar o sistema inmunitario. Comezando pola alimentación...

"Kéfir, sopas quentes, tomo mías froita, vitamina C... Reforzo sempre."

"Xa vamos a mercar laranxas, que ata agora estabamos con outra froita. Tomamos algunha vitamina desas da farmacia e facemos outro tipo de comida que non comiamos, con máis verduras."

"En suplementación natural temos dende a vitamina C que é moi importante para esta época do ano en que estamos máis propensos a arrefriarnos ou ter gripes. Tamén a vitamina D porque nos fai falla un pouco de sol xa que non temos nesta época. E tamén podemos axudarnos con plantas como a equinacea, a artemisa nua..."


Unha boa hixiene do sono, facer deporte con regularidade ou evitar o estrés na medida do posible son hábitos que benefician o sistema inmunitario.

"Co cambio de estación é importante preparar o corpo, tanto na alimentación como en actividades ao aire libre. Porque chova non debemos deixar de movernos."

"Fago deporte... ioga, camiño moito... A vida máis saudable que podemos."

 
Gripe e arrefriados comezan a aparecer estes días, de aí que se iniciara a campaña de vacinación en Galicia. Pero tamén é importante coidarnos para que o organismo faga fronte ás infeccións.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade