Consellos para aforrar na calefacción
O único que non se pode facer é aforrar no mantemento, porque iso pode provocar unha mala combustión e unha situación de perigo
Coa chegada do frío moitas familias ven perigar o seu presuposto debido ao alto custo da calefacción. Pero hai xeitos de manter o gasto a raia e pódese facer sen diminuír as condicións de seguridade do sistema calefactor que usemos.
Ventilar a primeira hora da mañá e non máis de 15 minutos, purgar os radiadores ou manter a temperatura. O único que non se pode facer é aforrar no mantemento do noso sistema, porque iso pode provocar unha mala combustión que nos poña en perigo.
O bo mantemento das instalacións é ademais básico para reducir as facturas, o mesmo que revisar o illamento de portas e ventás. E agora tamén temos a posibilidade poñer en paralelo ao noso, outro sistema como pode ser o solar, a xeotermia ou a aerotermia.
E non hai que esquecer o truco máis vello de aforro, que é levar roupa cálida tamén na casa, que ir en mangas de camisa en plena friaxe non é necesario.