Publicador de contidos

Publicador de contidos

Conseguen detectar o cancro de mama cunha pequena mostra de saliva e por menos de cinco euros

Conseguen detectar o cancro de mama cunha pequena mostra de saliva e por menos de cinco euros

O biosensor require só unha pinga de saliva e pode proporcionar resultados precisos con concentracións ínfimas

O deseño é revolucionario porque as alternativas son custosas e invasivas

G24.gal 14/02/2024 12:05 Última actualización 14/02/2024 12:58

Investigadores da Universidade de Florida (nos Estados Unidos) e a Universidade Nacional Yang Ming Chiao Tung (Taiwán) informaron de resultados exitosos dun dispositivo portátil de detección de cancro de mama que pode detectar biomarcadores de cancro de mama a partir dunha pequena mostra de saliva. O seu deseño de biosensor utiliza compoñentes comúns, como tiras reactivas de glicosa amplamente dispoñibles e a plataforma de hardware e software de código aberto Arduino.

O biosensor require só unha pinga de saliva e pode proporcionar resultados precisos con concentracións ínfimas

O dispositivo utiliza tiras reactivas de papel tratadas con anticorpos específicos que interactúan cos biomarcadores de cancro específicos. Colócase unha mostra de saliva na tira e envíanse pulsos de electricidade aos puntos de contacto eléctricos do dispositivo biosensor. Estes pulsos fan que os biomarcadores se unan aos anticorpos e alteren a carga e a capacitancia sobre o eléctrodo. Isto produce un cambio no sinal de saída, que pode medirse e traducirse en información dixital sobre canto biomarcador está presente.

O biosensor require só unha pinga de saliva e pode proporcionar resultados precisos mesmo se a concentración do biomarcador de cancro na mostra é só unha billonésima parte dun gramo, ou un femtogramo, por mililitro.

O deseño é revolucionario porque as alternativas son custosas e invasivas

O deseño é revolucionario en comparación coas súas alternativas. As mamografías, as ecografías e as resonancias magnéticas son custosas e invasivas e requiren equipos grandes e especializados, presentan exposición a doses baixas de radiación e poden tardar días ou semanas en lanzar resultados das probas.

Tal e como apuntan os investigadores, que publicaron o seu estudo en Journal of Vacuum Science & Technology, a tira reactiva costa só uns centavos e a placa de circuíto reutilizable ten un prezo de cinco dólares, algo menos de 5 euros, o que tamén faría alcanzable esta tecnoloxía a países de menos recursos. 

Imaxe a: diagrama das tiras reactivas con tapa (e) e sen ela (d); imaxe b: placa de circuíto impreso para xerar lectura dixital (Journal of Vacuum Science & Technology) Imaxe a: diagrama das tiras reactivas con tapa (e) e sen ela (d); imaxe b: placa de circuíto impreso para xerar lectura dixital (Journal of Vacuum Science & Technology)
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade