Conner Frankamp, o elixido polo Breogán para reforzar a posición de base
Vén de xogar en Turquía e ten experiencia en ACB co UCAM Murcia

O Breogán non quixo agardar máis para asinar o substituto de Sisko e anunciou a fichaxe de Conner Frankamp. Con pasaporte de Xeorxia, o novo base do cadro lucense xa ten experiencia en ACB. Militou no UCAM Murcia na temporada 2020-21 co que realizou uns interesantes promedios de 15,7 puntos e 3,5 asistencias.
🚨 Oficial
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) October 8, 2023
🏀 Conner Frankamp é o elixido para ocupar a posición de base no @CBBreogan
Ten pasaporte xeorxiano 🇬🇪 e experiencia en Europa 🇧🇬🇬🇷🇷🇺🇫🇷🇹🇷
📌 Na @ACBCOM xogou en @UCAMMurcia (20-21) con bos números (15'7 pt 3'5 asi) pic.twitter.com/RQI8EdQ8C4
Frankamp (28 anos) conta cun longo periplo de países por toda Europa. Xogou en Bulgaria, Grecia, Francia, Rusia e Turquía ademais de en España. No Rethimno da liga grega foi o máximo anotador da competición con 21 puntos de media.