Publicador de contidos
Publicador de contidos

Conmemoración do centenario do pasamento de Manuel Murguía

Conmemoración do centenario do pasamento de Manuel Murguía

A académica Margarita Ledo leu ao pé da tumba unha versión adaptada do canto á lingua e á nacionalidade galega que Manuel Murguía presentou na apertura dos Xogos Florais de Tui de 1891

O conselleiro de Cultura e o presidente da RAG depositaron unha coroa de loureiro na tumba de Murguía

G24.gal 01/02/2023 13:57

O 2 de febreiro de hai cen anos morría Manuel Murguía, escritor e fundador da Real Academia Galega. 

O canto á lingua e á nacionalidade galega que Manuel Murguía presentou na apertura dos Xogos Florais de Tui (1891) volveu a escoitarse este mediodía no cemiterio coruñés de San Amaro na voz de Margarita Ledo.

A académica deu lectura a unha versión adaptada para a ocasión de fragmentos da histórica alocución ao pé da tumba na véspera do centenario da súa morte, nun acto organizado pola Real Academia Galega e o Concello da Coruña no que se descubriu unha placa cunha síntese daquel discurso, deseño de Pepe Varro.

Despois tivo lugar a ofrenda dunha coroa de loureiro e interpretou o himno galego a Banda Municipal de Música da Coruña.

A homenaxe continuou no palacio municipal de María Pita, onde o académico de número e director da Sección de Historia da RAG, Ramón Villares, repasou a vida e o legado de Murguía. Villares destacou que "Murguía foi clave para a construción dunha historia xeral de Galicia, pero tamén foi esencial no campo doutrinal e político do rexionalismo e, desde logo, na capacidade para construír un repertorio simbólico que dotou Galicia de instrumentos análogos aos que tiveron outras culturas europeas".

A Coruña acolleu este mércores, 2 de febreiro, o inicio das celebracións institucionais do centenario da morte do escritor con este acto no que tamén interviñeron o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade