Publicador de contidos
Publicador de contidos

Coninx gaña en Pontevedra e Serrat paga unha mala natación

Coninx gaña en Pontevedra e Serrat paga unha mala natación

O triatleta galego foi o mellor español, no posto 31

Apertadísimo final nun esprinte de tres con vitoria e título mundial para o francés

G24.gal 24/09/2023 10:26

Vitoria de Dorian Coninx ao esprinte na categoría elite masculina na gran final das Series Mundiais que se están a disputar en Pontevedra. Esta vitoria permitiulle proclamarse campión do mundo de tríatlon cun segundo de vantaxe sobre o australiano Tim Hellwig e o tamén francés Pierre Le Corre.

Antonio Serrat, a mellor baza galega, non tivo o seu mellor día. Rematou no 31º posto nesta histórica final en Pontevedra a carón doutro dos favoritos, Alex Yee. Serrat pagou unha mala natación (saíu no posto 51 a case un minuto dos mellores) e logo tivo que ir sempre á contra. Malia ter boas sensacións non conseguiu facer o seu mellor resultado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade