Publicador de contidos

Publicador de contidos

Conflitos por causa do abandono no barrio de Recimil, en Ferrol

Conflitos por causa do abandono no barrio de Recimil, en Ferrol

Esta semana houbo unha lea por unha ocupación

Sangría de veciños de toda a vida no barrio ferrolán das Casas Baratas

Os residentes lamentan o abandono en Recimil

G24.gal 05/10/2023 14:21

O barrio de Recimil viviu tempos mellores, agora os veciños de toda a vida das Casas Baratas de Ferrol escasean. 

"É unha tristeza. Escuso de dicirlle eu nada porque se ve, hai liortas un día si e outro tamén", comenta unha veciña de Ferrol.

O último conflito foi esta mesma semana, en que se produciu unha lea multitudinaria, presuntamente por un intento de ocupación, en que tivo que despregarse finalmente un forte dispositivo policial. Pero tamén hai residentes que cren que non é para tanto.

Aquí hai sobre mil vivendas construídas nos anos corenta, con rendas agora que en principio varían entre tres e cen euros ao mes. Delas, unhas cincuenta están tapiadas. 

"Duns anos para aquí hai moita casa deshabitada, levamos anos agardando que o Concello rehabilite e realoxe persoas que o precisan...", explica outro veciño.

Os poucos que quedan que levan aquí toda a vida lamentan a decadencia do barrio. "Teño sorte que no edificio en que eu nacín hai xente estupenda, foron morrendo, eu son dos máis vellos, é unha pena que este barrio que nos corenta era dos máis caros...".

Agora din que en Recimil, tan pronto queda baleiro un piso, é ocupado de inmediato.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade