Publicador de contidos

Publicador de contidos

Conflito familiar polos lindes en Nigrán

Conflito familiar polos lindes en Nigrán

Agresións e ameazas entre dúas familias na parroquia de Camos

G24.gal 06/09/2022 14:16

Unha veciña de Nigrán denuncia o enfrontamento que mantén con outro veciño á conta dos lindes das súas respectivas propiedades. A muller asegura que sufriu mesmo agresións físicas por parte deles. Ela e os seus pais levan postas ducias de denuncias contra os veciños, que son a súa prima e a súa familia, que non quixeron atender a Televisión de Galicia.

Segundo relata Nati, "esta xente é moi agresiva, guíndannos pedras, maltrátannos, as ventás non as podo abrir, cóspennos, bótannos auga. Hai dous anos que non poñemos a piscina porque nos botan as feces dos cans, lixivia, ouriños, amoníaco, de todo". A súa nai engade que "pegáronnos, entraron no garaxe, rompéronos o parabrisas do coche, a min parteume a orella por detrás, a Nati púxoa como está, toda denegrida,  que foi a que máis chupou. O meu marido tíñano tirado no chan do portal el e o irmán, e íanlle pegar unha patada na cabeza".

O conflito comezou por un camiño que leva a ningures. Nati di "non podemos seguir así, ela matase por entrar por este camiño, que é propiedade dos meus pais, de feito veu un avogado, mirou o asunto e dixo, 'a onde quere ir esta señora?',  porque non ten nada'". 

O pai tamén denuncia que unha noite picaron no muro de separación e que lle botan auga para que se derrube. Nati e a súa familia só piden xustiza e unha orde de afastamento para que as ameazas non se fagan realidade e evitar unha desgraza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos