Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lea entre dous xubilados de Cerceda cunha catana de por medio

Lea entre dous xubilados de Cerceda cunha catana de por medio

Un deles rematou no hospital con feridas leves tras unha disputa polos lindes duns terreos

G24.gal 18/01/2022 14:10

Un home acudiu ao hospital con feridas supostamente provocadas polo seu veciño cunha catana. Ningún dos dous implicados quixo falar con nós á cámara, pero as súas mulleres si que o fixeron de xeito privado para acusarse mutuamente do ataque.

Tampouco o resto de veciños da zona quere implicarse neste conflito privado. Un conflito que si nos explican vén de moi lonxe, de hai máis de 40 anos, por uns terreos e uns lindes que crearon unha grande inimizade entre eles.

De feito tamén nos confirmaron outros veciños que non é a primeira contenda física entre os dous xubilados. Un por riba e outro rozando os 80 anos, levan toda unha vida ás leas no lugar do Ouriño, en Cerceda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos