Publicador de contidos

Publicador de contidos

A familia afectada pola derruba dunha medianeira en Santiago tardará máis dun mes en volver á casa

A familia afectada pola derruba dunha medianeira en Santiago tardará máis dun mes en volver á casa

O Concello mandou paralizar as obras que se estaban a facer na leira do lado

G24.gal 11/08/2023 15:08 Última actualización 11/08/2023 20:27

Vaia susto esta mañá no barrio compostelán das Fontiñas, onde caeu parte do muro dunha vivenda. Por sorte, nese momento só estaban no edificio os dous residentes do primeiro andar, que foron desaloxados.

O que si son elevados son os danos materiais. A causa do derrubamento poderían ser as obras que se están levando a cabo no edificio lindeiro. As obras estarán paralizadas ata que se asegure ben a zona.

A caída dun muro medianeiro que facía de límite entre os números 9 e 11 da rúa do Coto, no barrio compostelán de Fontiñas, desprendeuse á primeira hora da mañá deste venres sen deixar danos persoais.

Máis tarde, o Concello de Santiago ordenou paralizar as obras que se realizaba a carón, tal e como confirmou a alcaldesa, Goretti Sanmartín, tras unha visita á zona.

Os feitos ocorreron pasadas as 6,00 da mañá e, nese momento, había unha familia no primeiro piso da vivenda afectada que non sufriu ningún dano. Iso si, tivo que ser desaloxada a outro domicilio duns familiares e por agora non poderán acceder ao inmoble, segundo informan a Europa  Press fontes municipais.

Ao longo da mañá, visitaron os solar técnicos de Inspección e Disciplina Urbanística, que emitiron un informe coa "paralización inmediata" dos traballos, trasladou a alcaldesa ao mediodía.

A administración local tamén ordenou encher o oco que favoreceu o desprendemento do muro até a planta baixa, para así "asegurar a estabilidade" da edificación afectada. Unha vez certificado que as deficiencias se corrixiron, os residentes poderán volver ás súas casas.

A rúa do Coto permanecerá cortada ao tráfico e só poderán transitar por ela os residentes e usuarios dos garaxes desa mesma zona. Iso si, estará prohibida a circulación xusto no ángulo onde se están levando a cabo as obras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade