Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno aproba a fusión de Orange e MásMóvil, dona de R, con 30 millóns de clientes

O Goberno aproba a fusión de Orange e MásMóvil, dona de R, con 30 millóns de clientes

A unión das dúas empresas irá acompañado dun "plan industrial verdadeiramente ambicioso e cunha orientación de moi medio prazo", di o ministro José Luis Escrivá

Sede de MásMóvil (EP/Eduardo Parra)
G24.gal 12/03/2024 11:19 Última actualización 12/03/2024 13:04

O Consello de Ministros deu o visto e prace á fusión de Orange e MásMóvil - propietaria da empresa de orixe galega R -, despois de que o Goberno autorizase a operación desde o punto de vista da regulación relativa aos investimentos estranxeiros, e tamén o acordo de espectro radioeléctrico alcanzado polas dúas compañías con Digi e que se pechou para que a Comisión Europea dese luz verde á transacción.

"O Consello de Ministros aprobou hoxe a fusión entre iguais pola combinación dos seus negocios en España de dúas operadoras do sector das telecomunicacións, Orange e Masmóvil. Desta fusión resulta o primeiro operador en España, con máis de 30 millóns de clientes de utilización de móbiles, con máis de 7 millóns de clientes de banda larga e de máis de 2 millóns de clientes de servizos de televisión", asegurou o titular da carteira para a Transformación Dixital e da Función Pública, José Luis Escrivá.

"A aprobación desta fusión vén acompañada dun plan industrial da entidade resultante que é verdadeiramente ambicioso e cunha orientación de moi medio prazo, cunha política de investimentos moi potente durante os próximos anos en infraestruturas dixitais fixas e móbiles", engadiu Escrivá na conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros.

A operación, valorada nuns 18.600 millóns de euros e que creará unha compañía líder no mercado español das telecomunicacións por número de clientes e cobertura de fibra e móbil, xa recibiu o pasado 20 de febreiro a aprobación por parte da Comisión Europea.

Tras a autorización do Executivo, espérase que os trámites administrativos pendentes para pechar a operación de forma definitiva conclúan nun par de semanas, polo que se cumprirán os prazos contemplados por ambas as compañías, que esperan terminar a transacción no primeiro trimestre do ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar