Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta busca habilitar 12 millóns de metros cadrados de solo industrial ata 2030

A Xunta busca habilitar 12 millóns de metros cadrados de solo industrial ata 2030

O Consello da Xunta aprobou un investimento de 440 millóns para dotar de chan para empresas nas áreas de maior demanda

G24.gal 11/05/2026 11:06 Última actualización 11/05/2026 14:15

O Consello da Xunta aprobou este luns habilitar 12 millóns de metros cadrados de solo industrial nos próximos catro anos, co horizonte do 2030.

Segundo detallou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, trátase dun investimento de 440 millóns de euros para proxectos, algúns xa en marcha, que buscan dar resposta á demanda empresarial e que se vai centrar nas áreas onde nestes momentos xa hai apenas terreos dispoñibles para a instalación de industrias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade