Cargando resultados...
O TSXG anula a resolución que impedía a actividade na mina de Touro
A sentenza non autoriza directamente a explotación mineira
Contra este fallo aínda cabe recurso ante o Tribunal Supremo
G24.gal
10/05/2026 09:17
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulou a resolución da Xunta que impedía seguir adiante co proxecto da mina de cobre de Touro impulsado por Cobre San Rafael.
A nova Sala do Contencioso estima o recurso da empresa e considera que no procedemento administrativo, non se contemplaron algúns trámites previos nin se valorou toda a documentación técnica presentada.
A sentenza non autoriza directamente a explotación mineira, pero obriga a retrotraer o procedemento para que a Xunta emita unha nova resolución. Un fallo contra o que aínda cabe recurso ante o Tribunal Supremo.