Publicador de contidos

Publicador de contidos

A DXT inicia unha campaña destinada aos usuarios vulnerables nas estradas

A DXT inicia unha campaña destinada aos usuarios vulnerables nas estradas

A campaña desenvolverase exclusivamente en Galicia

A preocupación céntrase en peóns, ciclistas e motoristas que, no que vai de 2026, concentran o 46% das mortes en estradas galegas

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 10/05/2026 16:04

A Delegación do Goberno en Galicia informou de que a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) inicia este luns unha campaña de sensibilización destinada ás persoas usuarias vulnerables nas estradas convencionais da comunidade autónoma que se estenderá ata o vindeiro domingo.

A campaña desenvolverase exclusivamente en Galicia, e está promovida e coordinada polas Xefaturas Provincias de Tráfico das catro provincias.

En Galicia a preocupación céntrase nos últimos anos no colectivo de usuarios vulnerables (peóns, ciclistas e motoristas) que, no que se leva de ano 2026, concentra o 46% das persoas falecidas en estradas galegas (10 peóns e 1 motorista).

A Garda Civil de Tráfico entregará elementos reflectores de alta visibilidade a persoas que camiñan pola estrada sen portar o chaleco facendo fincapé nas persoas maiores

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar