Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha colección de obxectos de Star Wars de máis de 25.000 pezas

Unha colección de obxectos de Star Wars de máis de 25.000 pezas

O seu dono ten incluso unha foto con George Lucas gardada nunha caixa forte

G24.gal 04/05/2022 21:10 Última actualización 04/05/2022 21:22

E como hai días para todo, este 4 de maio é tamén o día da Guerra das Galaxias. Fanáticos da saga de todo o mundo, aproveitan hoxe para celebrar e presumir de coleccións. Tamén un ourensán devoto ao que hoxe coñecemos. Autodeclárase o primeiro friki galego da Guerra das Galaxias. É Miguel Blanes.

Esta nave foi a primeira adquisición, mercoulla seu pai en Estados Unidos. 45 anos despois continúa agrandando a súa colección que está en 25.000 pezas, neste dormitorio hai só unha décima parte, o resto teno gardado nun almacén. Sabe de memoria todas as películas, viunas ata 500 veces.

Coñeceu boa parte dos actores da saga en eventos da Guerra das Galaxias por todo o mundo, a foto con George Lucas agóchaa nunha caixa forte. O seu nivel de devoción é absoluto. 

Coma este ourensán, da Legión 501 e doutros seis clubs de fanáticos máis, hai no mundo milleiros, que hoxe celebran o Día de Star Wars, amosando o fenómeno de masas e o mito cultural que representa esta historia das forzas do ben e do mal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos