Publicador de contidos

Publicador de contidos

Condenado a nove anos de cadea o exdeputado de AGE, Xabier Ron, por violar unha alumna menor

Condenado a nove anos de cadea o exdeputado de AGE, Xabier Ron, por violar unha alumna menor

As partes chegaron a un acordo de conformidade tras recoñecer o acusado os feitos

O condenado non pode achegarse á vitima nun período de 19 anos nin está autorizado a traballar con menores en dez 

Ron foi parlamentario entre os anos 2012 e 2016 Ron foi parlamentario entre os anos 2012 e 2016
G24.gal 01/07/2026 21:24

Xabier Ron, que foi deputado en Galicia da desaparecida Alternativa Galega de Esquerda (AGE), foi condenado a nove anos e medio de cárcere por violar a unha alumna súa cando ela tiña 12, sometela a prácticas sádicas e transmitirlle unha enfermidade infecciosa.

A sentenza foi emitida tras unha conformidade entre Fiscalía, as acusacións particular e popular e a defensa despois de que o procesado, o cal traballaba de profesor de francés, aceptase os feitos e a pena que polos mesmos se lle impuxo. 

O fallo da sección compostelá da Audiencia Provincial da Coruña indica que Ron converteuse en profesor desta nena nada en 2009 en 2022 e no período 23-24 conseguiu con ela unha "amizade íntima" que se estendeu ao ámbito extraescolar e causou na vítima unha dependencia emocional.

O 2 de xullo de 2024 quedou con ela nun paseo fluvial tras unhas mensaxes eróticas, o 7 de agosto dese mesmo ano logrou outra cita nunha contorna similar pero doutro lugar no que lle dixo que estaban nun "espazo perfecto para vir cun compañeiro de instituto e facer sexo".

Despois el mandoulle fotos súas inapropiadas, así como vídeos, e foi en outubro e novembro de 2024 cando no domicilio de Ron producíronse os abusos. Á pequena, que aínda segue cun tratamento psicolóxico e psiquiátrico, violouna e contaxiouna de sífilis primaria. 

O condenado non pode achegarse a ela nun período de 19 anos e 6 meses nin está autorizado a traballar con menores en década e media. A responsabilidade civil en favor da vítima quedou fixada en 82.000 euros.

Xabier Ron e a hoxe vicepresidenta segunda do Goberno, Yolanda Díaz, compartiron escano no Parlamento de Galicia dentro da extinta coalición AGE entre os anos 2012 e 2016 e ambos proviñan da cota de Esquerda Unida (EU).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade