Publicador de contidos
Publicador de contidos

Conde e Horta traen medalla para Galicia da Copa do Mundo de Croacia

Conde e Horta traen medalla para Galicia da Copa do Mundo de Croacia

O moañés Rodrigo Conde foi prata no dobre sculle e o noiés Caetano Horta bronce no dobre scull peso lixeiro

G24.gal 07/05/2023 16:11

O moañés Rodrigo Conde e o noiés Caetano Horta trouxeron medalla nunha gran participación galega na Copa do Mundo de Croacia. 

Na final do dobre scull a parella española formada por Rodrigo Conde e Aleix García levou a medalla de prata por detrás dos Sinkovic, que remaban na casa. Os croatas impuxéronse cun tempo de 6:16, catro segundos menos que Conde e García. 

En dobre scull peso lixeiro Caetano Horta, a carón de Manel Balastegui, acadou o bronce. España meteu dous botes na final A e o segundo (Carracedo, Díaz) acabou na quinta posición. Gañaron os suízos Schaeuble e Ahumada, que marcaron un 6:19. A dous segundos chegaron os checos e a seis entraron na liña de meta o Horta e Balastegui. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade