Publicador de contidos

Publicador de contidos

Concorrida procesión do Xan de Arzúa en Allariz

Concorrida procesión do Xan de Arzúa en Allariz

Preto de 800 persoas participan na representación, que conmemora as orixes da Festa do Boi

G24.gal 04/06/2023 14:18 Última actualización 04/06/2023 20:03

Os veciños de Allariz están entregados á Festa do Boi. Este domingo, segunda xornada, celebrouse a procesión do Xan de Arzúa, que involucra boa parte da poboación da vila.

Preto de 800 persoas participan na posta en escena desta procesión que evoca a suposta orixe da tradición, hai xa máis de setecentos anos. Conta a historia que Xan de Arzúa era un fidalgo que subiu a lombos dun boi para espantar os xudeus que se mofaban dos cristiáns.

Hoxe é tamén o día dos gremios. Hai unha comida de confraternidade e, xa pola tarde, sae o boi. Queda por diante toda unha semana de festa en Allariz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar