Publicador de contidos

Publicador de contidos

Concentracións en varias cidades galegas contra as listas de agarda no Sergas

Concentracións en varias cidades galegas contra as listas de agarda no Sergas

A plataforma SOS Sanidade Pública indicou que "existe unha gran variedade de instrumentos de xestión para falsear e maquillar" as listas de espera 

Esiximos deixar de discutir sobre as cifras, esiximos coñecer os datos reais das persoas que están en calquera lista de espera ou pendentes de citas", proclamaron desde SOS Sanidade Pública

G24.gal 12/06/2025 20:25

A plataforma SOS Sanidade Pública deu lectura este xoves en Vigo un manifesto no que esixiron coñecer "os datos reais" das listas de espera. Segundo indicaron, o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, "sabe que as listas que se publican non son as reais" e os procedementos que se "utilizan para ocultar un número moi importante de persoas concretas que están a esperar por unha consulta, unha proba ou unha intervención cirúrxica".

Así, indicaron que "existe unha gran variedade de instrumentos de xestión para falsear e maquillar" as listas de espera. Entre elas, mencionaron atrasar o acceso dos pacientes a consultas e probas dificultando a derivación desde Atención Primaria; realizar chamadas telefónicas en momentos nos que existe maior probabilidade de que os pacientes rexeiten a intervención, ou colocar ao paciente en situación de espera médica, por solicitude de interconsultas ou probas.

Outras estratexias, sinalaron, pasan por ofrecer a derivación a centros concertados privados a pacientes que desexan ser intervidos no sistema público, para que o rexeiten e así colocalos en lista de espera non estrutural; ou propoñer cambios arbitrarios da data da citación para intervencións, probas e consultas.

"Esiximos deixar de discutir sobre as cifras, esiximos coñecer os datos reais das persoas que están en calquera lista de espera ou pendentes de citas", proclamaron desde SOS Sanidade Pública.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade