Concentración e rapidez no IV Torneo de crebacabezas Cidade da Coruña
O interese por este xogo diparouse durante a pandemia e cada vez hai máis campionatos e competicións
Durante a pandemia a venda de quebracabezas disparouse e moitos descubriron unha actividade amena que beneficia a desconexión e a relaxación. Nos últimos anos tamén medrou o número de campionatos e torneos, coma o da Coruña, que xa vai pola cuarta edición.
Os quebracabezas exercitan a concentración, melloran a coordinación óculo-manual, estimulan a memoria visual e para moitos teñen efectos balsámicos.
"Cando estás encaixando pezas a túa cabeza non pode pensar noutra cousa máis que en poñer cada peza no seu sitio. É unha especia de ioga fenomenal", comenta Patricia, que conseguiu chegar á final do torneo.
Nesta competición o reto consiste en encaixar as cincocentas pezas do quebracabezas no menor tempo posible. Os máis rápidos son quen de completalo en pouco máis de media hora. Hai técnicas e estratexias diversas.
"Cada un ten o seu xeito. Moita xente empeza polo marco, pero os máis rápidos non se centran niso. Pensan ben que tipo de quebracabezas é e dependendo diso ao mellor empezan de dentro cara fóra ou por una lado", explica Luís Castro, responsable da organización do torneo.
Cada vez hai máis campionatos e torneos como o Cidade da Coruña, que chegou á súa cuarta edición. Tras as eliminatorias do sábado, o domingo celébranse as finais das distintas categorías: individual, en parella ou por equipos.