Publicador de contidos

Publicador de contidos

O equipo español de dardos, formado por catro galegos, acada o quinto posto no Mundial de Corea do Sur

O equipo español de dardos, formado por catro galegos, acada o quinto posto no Mundial de Corea do Sur

Rubén, de Pontevedra, Víctor de Marín, campións de España, Aitor, de Salceda de Caselas, o capitán e Juanillo, do Covelo forman o equipo español de dardos

G24.gal 20/07/2025 21:24

Catro xogadores de dardos, todos da provincia de Pontevedra, veñen de representar a España no Mundial Phoenix Dart que se celebrou en Corea do Sur, a meca deste deporte. Acabaron quintos, toda unha fazaña. Xa de volta continúan adestrando xuntos e competindo na liga nacional. O seu obxectivo é volver clasificarse para unha cita mundial.  

Rubén, de Pontevedra, Víctor de Marín, campións de España, Aitor, de Salceda de Caselas, o capitán e Juanillo, do Covelo. Nin eles mesmos o creían cando ao gañar como equipo no Campoinato de España, en categoría Master, na Coruña, obtiveron o pase ao Mundial de dardos electrónicos en Incheon, en Corea do Sur. Quedaron quintos entre 24 equipos.  

"Un  meritorio quinto posto. Non está mal. Podía ser mellor, pero ao final a inexperiencia nosa, tamén pesou un pouquiño. Represetar a España é para min un orgullo. E ademáis facelo catro compañeiros da forma en que o fixemos foi incrible, foi unha experiencia moi bonita, a verdade", conta a TVG Aitor Rodriguez, o capitán do equipo español de dardos.

"Os primeiros días, a primeira semana é como estar nunha nube. Non o cres, a verdade, ata que te asentas na casa, falas coa familia, todo o mundo felicitándote, porque hai moito xogador. Hai que ter unha mentalidade moi forte, porque ao chegar a ese punto dun nivel deportivo tan alto, a cabeza é importantísima. O estilo e a elegancia tamén é algo que hai que ter. Non se pode tirar un dardo de calquera maneira, non é tirar unha pedra, claro", explica Juan Calvo, un dos catro integrantes do equipo español de dardos. 

De volta á casa, estamos en Pontevedra, retoman os adestramentos de cada mércores coa mirada posta primeiro no campionato de España que volverá ser en Coruña, e se gana de novo, no campionato do mundo. 

 "É moi difícil repetir. hai equipos que levan vinte anos xogando como equipo ao máximo nivel e aínda non chegaron a acadar esta viaxe, entón para nós xuntarnos e acadalo o primeiro ano...", engade Juan Calvo, do equipo español de dardos.

Porque estos catro pontevedreses chegaron ao máis alto da competición cun equipo recén creado, aínda que algún deles leven décadas xogando. Unha milagre deportiva. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade