Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comunicado dos xogadores da selección: "Rexeitamos os comportamentos do Sr. Rubiales"

Comunicado dos xogadores da selección: "Rexeitamos os comportamentos do Sr. Rubiales"

Os convocados coa selección española masculina redactaron un comunicado en que expresan a súa "admiración e solidariedade" coas compañeiras do equipo feminino e cargan contra Rubiales

G24.gal 04/09/2023 19:09

Moitos acusáranos de poñerse de perfil e non mollarse na polémica entre José Luis Rubiales e as xogadoras da selección feminina. Na primeira convocatoria en que estiveron xuntos, os xogadores da selección masculina, na voz de Álvaro Morata como capitán, decidiron realizar un comunicado. 

Nel quixeron "felicitar a selección feminina por un fito que marcará un antes e un despois" e tamén expresar a súa solidariedade "coas xogadoras, que viron embazado o seu éxito" por todo o que aconteceu con posterioridade co Presidente da RFEF. 

A carga máis forte foi contra Rubiales: "Rexeitamos os comportamentos inaceptables do Sr. Rubiales, que non estivo á altura da institución que representa. Debe dar exemplo coas súas condutas tanto dentro como fóra do campo". 

Os xogadores queren centrarse nos partidos oficiais contra Xeorxia e Chipre e deixar de lado a polémica co que foi dirixente do fútbol español durante cinco anos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade