Publicador de contidos

Publicador de contidos

Como se castigan os incendios provocados?

Como se castigan os incendios provocados?

O Código Penal establece penas de entre 10 e 20 anos se hai perigo para a vida

O incendio da Gudiña cortaba a A-52 este xoves ( EFE/ Sxenick) O incendio da Gudiña cortaba a A-52 este xoves ( EFE/ Sxenick)
G24.gal 15/08/2025 12:11

Provocar un incendio que comporte perigo para a vida ou a integridade física das persoas está castigado en España con penas de entre 10 a 20 anos de cárcere, máis o pago dunha multa de doce a vinte e catro meses, segundo recolle o Código penal.

O Código penal recolle no seu artigo 351 as penas de cárcere a impoñer para quen incorra en delitos de incendio que poñan en perigo a vida e a integridade das persoas (de 10 a 20 anos), e o 352 céntrase en incendios forestais e establece eses mesmos castigos para quen "incendie montes ou masas forestais" poñendo en risco a vida de persoas.

De non concorrer ese perigo en incendios forestais a pena é entre un e cinco anos de cárcere, e multa de doce a dezaoito meses. A norma contempla ademais que se o lume alcanzou "especial gravidade", o castigo ascende a entre tres a seis anos de cárcere, e multa de dezaoito a vinte e catro meses.

E as circunstancias que determinan esa "especial gravidade" son: que o incendio afectase a unha superficie de considerable importancia; que haxa grandes ou graves efectos erosivos nos chans; que altere significativamente as condicións de vida animal ou vexetal ou afecte a algún espazo natural protexido; que cause unha grave deterioración ou destrución dos recursos afectados ou que o autor actúe por un beneficio económico.

Pola súa banda, para quen prenda lume a montes ou masas forestais sen que chegue a propagarse o incendio, o Código Penal prevé penas de seis meses a un ano.

E máis aló dos castigos, a lei contempla que a cualificación do chan nas zonas afectadas por un incendio forestal non poida modificarse nun prazo de ata 30anos.

Segundo a última Memoria da Fiscalía Xeral do Estado, que recolle datos de 2023, nese ano 402 persoas foron detidas ou investigadas por incendios, o que supuxo un descenso do 17 % respecto ao ano anterior -un dos peores anos desde que se teñen rexistros-, no que a cifra de presuntos responsables ascendeu a 482.

Más de medio milleiro de investigacións por incendios cursou aquel ano a Fiscalía, que lembra que as neglixencias e os accidentes son os que están detrás da maior parte dos incendios forestais.

En 2023, segundo recolle a Fiscalía, os incendios por neglixencia representaron o 68 %, e os intencionados, o 19 %, unha porcentaxe menor que anos anteriores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade