Publicador de contidos
Publicador de contidos

Como evolucionaron os prezos da cesta da compra, por María Loureiro

OPINIÓN

Como evolucionaron os prezos da cesta da compra, por María Loureiro

G24.gal 15/03/2024 08:09

A inflación en España en febreiro de 2024 experimentou unha moderación significativa en comparación cos meses anteriores. En concreto, a taxa anual situouse no 2,8 %, seis décimas por baixo da rexistrada en xaneiro (3,4%). Esta é a menor taxa dos últimos seis meses.

En termos de variación mensual, o IPC subiu un 0,4 % en febreiro, lixeiramente superior ao 0,1 % de xaneiro. Mentres, a inflación subxacente descendeu unha décima, ata o 3,5 %. Esta é a cifra máis baixa desde marzo de 2022.

Podemos destacar varios factores que contribuíron á moderación da inflación. Primeiro, o efecto chanzo: en febreiro de 2023, os prezos subiron un 16 % debido á crise alimentaria con altos custos de produción. En febreiro de 2024, este efecto disipouse, contraendo a inflación. Tamén houbo unha moderación do prezo dos alimentos: os prezos dos alimentos e bebidas non alcohólicas reducíronse un 0,2 % en febreiro de 2024, en comparación co aumento do 16,6 % en febreiro de 2023. E finalmente, cómpre destacar tamén a estabilización dos prezos enerxéticos. Os prezos da enerxía mantivéronse relativamente baixos en febreiro de 2024, despois dun forte aumento nos meses anteriores. En xeral, a evolución da inflación en España en febreiro de 2024 foi positiva, mostrando unha tendencia á baixa. Espérase que esta tendencia continúe nos próximos meses, aínda que a incerteza económica global persiste.

Pero sen embargo, a maioría das categorías de produtos mantiveron os seus prezos ou experimentaron un aumento.

No gran grupo de alimentos e bebidas non alcohólicas, vemos que a pesar da moderación xeral, esta categoría aínda rexistrou unha suba do 2,4 % en febreiro, principalmente debido a que algúns produtos frescos baixaron de prezo: as laranxas baixaron un 5 %, as mazás baixaron un 3 %, os plátanos baixaron un 2 %.

No caso das verduras, tamén baixaron as patacas e as cebolas, nun 4 % e nun 3 % respectivamente. Agora ben, outros produtos coma a carne subiu un 3,2 %, e o peixe e mariscos aumentaron nun 2,9 %. E outras froitas tamén aumentaron nun 2,7 %.

A evolución de moitos produtos perecedoiros tamén foi preocupante. O aceite de oliva subiu un 63 %, as fariñas un 20 % e as pastas un 15 %. Bebidas coma o leite subiron nun 10 %, e o café un 8 %.

Outros sectores con aumento de prezos foron os do transporte, que experimentou unha subida do prezo dos carburantes, un 4,7 %, o cal foi o principal impulsor do aumento do 2,2 % nesta categoría. E moitos outros: ocio e cultura incrementaron os prezos un 1,9 %.

As categorías con menor aumento de prezos foron as seguintes:

• Vestido e calzado: a categoría coa menor inflación, rexistrou unha suba do 0,5 %.

• Vivenda: o aumento dos prezos do alugueiro, un 1,1 %, foi o principal factor que incidiu na suba do 0,7 % nesta categoría.

• Medicamentos: os prezos nesta categoría mantivéronse estables en febreiro de 2024.

E finalmente, a baixada da electricidade entre febreiro de 2023 e febreiro de 2024 foi moi significativa, cunha redución do prezo medio da electricidade no mercado regulado (PVPC) dun 26,5 %. Por outra banda, o prezo da electricidade baixou un 10 % en febreiro de 2024 en comparación con xaneiro de 2024. Os factores que contribuíron a esta baixada foron fundamentalmente dous: primeiro, unha maior produción de enerxía renovable, especialmente eólica, que contribuíu á redución do prezo da electricidade. E segundo, a redución da demanda, debido ás condicións climáticas non especialmente adversas, e a moderación da actividade económica e ao efecto do prezo, tamén contribuíu á baixada. Sen embargo, é importante destacar que a baixada do prezo da electricidade en febreiro de 2024 non compensou o aumento xeral da inflación, polo que o índice de inflación global se sitúa nun 2,8 %.

E todo parece indicar que o aumento do IVE na enerxía, que pasa do 10 % actual ao 21 % en xuño de 2024, e tamén a última reforma do mercado regulado, pode contribuír a aumentos de prezos na segunda metade de ano.

Esta última reforma do mercado regulado PVPC, que entrou en vigor en xaneiro de 2024, tamén terá un efecto sobre os prezos, pois busca reducir a volatilidade do prezo da electricidade e aumentar a estabilidade a longo prazo. Para iso, introdúcense dous cambios principais: primeiro, a desindexación parcial do mercado diario. Neste senso, redúcese o peso do mercado diario na fixación do prezo da electricidade. En 2024, o 75 % do prezo seguirá dependendo do mercado diario, mentres que o 25 % se baseará nos prezos a futuro. Esta porcentaxe irá aumentando gradualmente nos próximos anos até alcanzar o 55 % en 2026. E segundo, a maior participación das enerxías renovables, que contribuirá a estabilizar os presos enerxéticos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade