Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comisan un novo alixo de cocaína no porto de Vigo, o segundo en dúas semanas

Comisan un novo alixo de cocaína no porto de Vigo, o segundo en dúas semanas

Nos dous casos a droga procedía do Ecuador e ía en colectores de frío camuflada entre alimentos

Nesta ocasión o operativo permitiu a incautación de 45 quilos de cocaína

G24.gal 17/10/2022 10:31

Novo alixo de cocaína no porto de Vigo. Desta vez a Garda Civil comisou 45 quilos desta droga.

A incautación foi froito dun operativo conxunto do Instituto Armado e do Servizo de Vixilancia Aduaneira. Trátase do segundo alixo que comisan no porto vigués en menos de 15 días. Ademais dáse a circunstancia de que nos dous casos a droga procedía do Ecuador.

Eses 45 quilos de cocaína terían un valor na rúa de 840.000 euros.

Igual que o anterior alixo de 28 quilos localizado a semana pasada, a droga estaba camuflada en colectores de frío no medio de alimentos dirixidos a unha empresa da Barbanza, que segundo fontes da investigación descoñecía a mercadoría ilegal.

O método empregado foi o do gancho cego, que consiste en introducir a droga sen que o destinatario nin o transportista coñezan o delito. Os delincuentes rompen o precinto e colocan outro para evitar sospeitas.

Os investigadores consideran que os provedores de ambos os envíos e os seus destinatarios son os mesmos. Polo de agora non hai detencións e a operación continúa aberta.             

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade