Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil comisa 28 quilos de cocaína no interior dun contedor no porto de Vigo

A Garda Civil comisa 28 quilos de cocaína no interior dun contedor no porto de Vigo

Os responsables utilizaron o método do gancho cego, que consiste en introducir as substancias estupefacientes no medio de mercadoría legal

G24.gal 11/10/2022 10:34

Operación contra o tráfico de drogas no Porto de Vigo. A Garda Civil comisou 28 quilos de cocaína. A droga viña no interior dun contedor que transportaba un barco procedente de Ecuador.

Os responsables utilizaron o método do gancho cego, que consiste en introducir as substancias estupefacientes no medio de mercadoría legal, sen que o transportista nin a empresa que encarga o envío se decaten. Suponse que tiñan un cómplice con acceso ao contedor e que se encargaría de sacar a droga.

A operación tivo lugar no peirao de Guixar. Os investigadores sospeitaron dun colector concreto porque tiña uns precintos que non se correspondían e procederon á súa apertura. Así é o como localizaron o alixo que podería acadar un valor na rúa dun millón e medio de euros.

A embarcación, que ten bandeira de Xibraltar, saíra do Ecuador a principios de mes e fixera escala en Bélxica. Os axentes procederon á retirada da droga para a súa destrución. Polo de agora, non hai detidos e a operación continúa aberta na busca dos responsables do alixo.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade