Comisan 300 quilos de berberecho na praia de Muros e despois róubanllelos na lonxa de Esteiro
Os ladróns lograron fuxir cando foron descubertos polos vixilantes
O roubo produciuse na madrugada do domingo
Indignación entre as mariscadoras de Muros; sufriron a acción dos furtivos esta fin de semana. Os vixilantes colleron na allada aos ladróns e comisáronlles 300 quilos de berberecho na mesma praia. Despois Levaron o marisco á lonxa para sementalo ao día seguinte, pero xa non estaba. Sospeitan que os mesmos furtivos entraron nas instalacións e roubárono horas despois de que llo comisaran.
"É unha, dúas, tres, catro e cinco". Este é o botín que tiñan preparado para cargar en coches un grupo de furtivos na madrugada do domingo na praia de Esteiro. Os vixilantes da confraría colléronos na allada e comisáronlles os berberechos. 300 quilos en total. Pero a alegría durou pouco.
Daniel Formoso, Patron Maior da Confraría de Muros do que "na noite do sábado sobre as cinco da madrugada, detectaron os vixilantes que había sacos de marisco e foron atrás dos furtivos e non os colleron. Tiráronse ao mar, marcharon por outro lado. Comisáronlle o berberecho, un par de rastros e deixáronos aquí na lonxa para ir sementalos pola mañá. Cando viñemos a nosa sorpresa foi que forzaron a porta da lonxa e a lonxa estaba baleira".
Non é a primeira vez que sofren a acción dos furtivos e teñen sospeitas de que se trata dun grupo organizado que actúa en toda a bisbarra. Tamén están convencidos de que o fan por encargo porque se non, seríalles moi complicado colocar no mercado tal cantidade de marisco. No sector quéixanse do prexuízo económico que lles causa o furtivismo. Nesta ocasión o marisco roubado pode ter un custe no mercado de entre 3.000 e 4.000 euros.
Daniel Formoso, Patrón Maior da Confraría de Muros explica que "son xente que xa está organizada para facelo. Uns vixían, cando veñen, cando ven os coches da confraría, da Xunta, Espéranos, vixíanos. Entón collen cantidades máis grandes, son especialistas, saben onde está o marisco, claro, ganas os cartos fáciles. Unhas bandas que hai que o fana aquí, en Cabo de Cruz, en Rianxo e cada día andan facendo quendas de sitio en sitio. Son os mesmos. Xa os collemos máis dunha vez, pero as leis son como son, a maioría son insolventes, problema téñeno as mariscadores que son as que traballan, pagan os seguros e están moi indignadas porque cada vez hai mais".
Desde a confraría din estar fartos da impunidade coa que actúan, coñecedores das penas ou sancións mínimas que lles impoñen. Advirten ademais do risco que supón o consumo do marisco procedente do furtivismo porque as veces mesmo collen cando hai veda por toxina e carece das garantías sanitarias do que se vende polas vías legais.