Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comezan a rodar as furgotecas para achegar os libros a onde non chegan as bibliotecas

Comezan a rodar as furgotecas para achegar os libros a onde non chegan as bibliotecas

Os vehículos van cargados con 500 exemplares que reproducen unha pequena biblioteca

A iniciativa está impulsada pola Consellería de Cultura 

G24.gal 28/02/2023 14:48

Chegan libros frescos, recentemente cargados e postos a disposición da poboación que no seu concello carece deste servizo. Esta furgoneta reproduce unha pequena biblioteca, con preto de cincocentos exemplares.

Estréase en Triacastela. Os primeiros usuarios son os máis cativos. Recíbenos cun contacontos, pero a iniciativa abrangue moito máis.

Impulsada pola Consellería de Cultura, pretende achegar material de lectura e entretemento aos veciños.

A iniciativa consiste en dúas furgonetas que percorrerán 20 concellos de Lugo e Ourense, nunha visita que repetirán en dúas semanas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade